“Un proxecto de vida digno, seguro e estable no sector pesqueiro” – Antón Luaces

28 Outubro 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu este martes a importancia de crear as condicións necesarias para que as novas xeracións vexan no sector marítimo-pesqueiro unha oportunidade de crear as condicións de futuro que lles permita desenvolver un proxecto de vida digno, seguro e estábel.

Foi durante o acto inaugural da clausura do proxecto “Relevo xeracional: o futuro do mar” celebrado na Cidade da Cultura de Galicia, onde incidiu na necesidade de que a mocidade escolla as profesións marítimas “por orgullo  e por vocación e non  por descarte”.

A remuda xeracional, dixo a conselleira, constitúe un desafío demográfico , económico e cultural directamente relacionado coa sustentabilidade da pesca e as comunidades costeiras. Neste senso, explicou a conselleira, afrontar este reto require unha estratexia integral na que participen as administracións públicas, as entidades do sector e os centros educativos, co obxectivo de facilitar a incorporación de novos profesionais e dar resposta ás necesidades presentes e futuras da actividade pesqueira.

Referíuse tamén Marta Villaverde á importancia de trasladar á mocidade a realidade dun sector que incorpora novas tecnoloxías, innovación e oportunidades de emprendemento. Nesta liña, a conselleira salientou o papel da formación e o contacto directo coa actividade profesional para achegar as novas xeracións ao mar a través de iniciativas como as desenvolvidas neste proxecto, que jncluiron visitas a instalacións pesqueiras, experiencias de embarques e encontros en centros formativos.

Agradeceu Marta Villaverde a implicación dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa, así como a colaboración do GALP do País Basco. Referíuse á colaboración interterritorial que comparte desafíos semellantes e do intercambio de experiencias e boas prácticas para abordar a remuda xeracional, recoñecendo a participación das confrarías, organizacións profesionais e centros educativos nas actividades desenvolvidas.

As conclusións desta iniciativa permitirán coñecer de primeira man as experiencias e necesidades trasladadas polos participantes, información que a Consellería do Mar terá en conta no deseño das súas políticas. Neste contexto fixo referencia á necesidade de avanzar nun sector máis atractivo, seguro e competitivo no que, mulleres e hiomes, mozas e mozos, poidan desenvolver a súa traxectoria profesional en igualdade de oportunidades. 

Outros artigos

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.