CONGALSA recolle o Premio á Empresa do Ano

17 Maio 2024

A empresa CONGALSA, con sede principal na Pobra do Caramiñal e centrada no ámbito da alimentación baseada en produtos pesqueiros, amais de ser un referente en innovación, transformación e responsabilidade social empresarial, vén de recoller o Premio de Empresa do Ano.

O galardón foille entregado polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, e recolleuno a directora xeral da compañía, Noela Prieto. Este recoñecemento distingue a CONGALSA como “empresa líder no sector” e “salienta a súa aposta polo produto e o emprego local, ademais de polo seu compromiso co medio ambiente”.

A directora xeral, Noela Prieto, destacou “que o noso labor é seguir traballando na posta en marcha de prácticas empresariais responsábeis e manternos á vangarda en materia de sustentabilidade, contribuíndo ao benestar do noso planeta e das xeracións futuras”, dixo.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.