GALP Ría de Arousa celebrou unha xornada sobre os ciclos biolóxicos das mulleres e a actividade profesional

29 Xullo 2021

GALP Ria de Arousa vén de celebrar a xornada Os ciclos biolóxicos das mulleres e desempeño profesional, na que participou a concelleira de Igualdade de Boiro, María Outeiral. Durante a súa intervención, ela recalcou a importancia de “dar a coñecer cuestións coma estas para darlles visibilidade e romper cos estereotipos que existen no sector do mar e na vida laboral e persoal das mulleres”.

Ademais, nesta xornada participaron María Paz Diéguez Montes, subdirectora da Escola Universitario de Enfermería adscrita á Universidade de Vigo e Dolores García Rodríguez, matrona do SERGAS.

En definitiva, a actividade, que forma parte do programa O Sal do Mar, pretende analizar como a menstruación, a menopausia, os embarazos e outras cuestións relacionadas cos ciclos biolóxicos afectan na actividade das mulleres do mar.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.