“Moitas mans, pouca cabeza e un silenzo clamoroso”. Antón Luaces

28 Xullo 2021

A inmensa maioría dos cariñeses sabían/barruntaban dende vai xa moitos anos que a confraría de pescadores, malia ter ao vello pósito como eixo fundamental da súa existenza, non eran o mesmo. O pósito foi o cerne de moitos principios para o crecemento marítimo-pesqueiro de Cariño cando este non era concello de seu. A confraría, que lucía diante da fachada do seu edificio na rúa Fraga Iribarne un rizón ou garampín. naceu con outras pretensións e nun momento ideal para o despegue socioeconómico dun Cariño que proclamou dende o balcón principal da sede da confraría a súa conversión en concello, sen ningunha atadura co pasado.

Foi aquí, na sede actual, onde mans novas fixeron e desfixeron ao seu antollo (mesmo deixando de pagar a taxa de Portos de Galicia G-4) cando as cabezas maiores dos rectores e xunta xeral estaban máis pendentes do que pasaba no mar que da marcha do pósito novo; con funcionarios que non eran tal e políticos que, sempre polo medio, buscaron na confraría a panca que os catapultara dalgún xeito a postos de relevo. E a confraría pagou, e aínda há pagar caro, aquel ollar cara outro lado cando o que importaba estaba diante mesmo dos fociños de cada quen.

No Cariño das horas boas permitíase calquera idea e poñíanse mans á obra coidando que aqueles tempos ían durar moito, toda a vida. Había barcos, había fábricas, había peixe, unha incipiente industria, construción,  e houbo unha fábrica de xeo que consumía milleiros de litros de auga e watios a esgalla, nun edificio cuxa construción  foi moi rendible para algunhas persoa, e que agora, perdido tamén pola confraría e baixo a tutela de Portos de Galicia, serve de pista de adestramento de rapel a mozos que teñen máis a man este edificio -que calquera día pode dar un disgusto- que os rochedos da Miranda nos que baten as nubes e a néboa que outorgan un microclima especial á vila.

Actualmente, nas horas malas ou baixas, os cariñeses  explícanse o por que a pescada pasaba por chicharro na lonxa e como as entre 20 e 30 toneladas de xeo que se elaboraban diariamente na fábrica que foi da confraría non asustaban a ninguén. Non doía o gasto e veu a esixencia de pagos tanto por Facenda como pola Seguridade Social, polos traballadores da entidade, por Portos de Galicia e, finalmente, a chamada a capítulo pola Demarcación de Costas.

Quíxose -ou pretendeuse querer- un troco: o baixo dun edificio propiedade da confraría e o terreo que ocupa na actualidade a sede do celador do porto local (tamén propiedade do pòsito) a cambio dunha partida de diñeiro de Portos de Galicia -que nunca se concretou- que reducira a importantísima débeda que o pósito tiña contraída. E, como xa se ten dito aquí, Portos de Galicia ergueu como resposta un edificio de uso exclusivo deste ente en terreos do pósito e polo que non paga un can, segundo os aínda responsables da confraría, cando esta sí está obrigada a recoñececer o impago da famosa G-4. 

Os percebeiros locais arrincan dos Aguillóns, A Cova ou a Punta do Limo os mellores percebes, que a Consellería do Mar tenta unificar nunha única zona coa veciña Cedeira, como tamén se baralla a posibilidade de Xuntar nunha única confraría as dúas ata o día de hoxe existentes. Dada a situación actual, non será a de Cariño a que absorba -no caso de que tal fusión se realice- á de Cedeira. Para os barcos que ten Cariño e o pouco comprometidos que están os seus armadores coa confraría e a lonxa locais, pouco se perde. 

Pero pérdese. E Cariño non está para perder, con todo o que lle custou gañar o pouco que acadou e que, por desleixo duns e outros, foi quedando no camiño. Como pode quedar tamén a lonxa, no caso de que Portos de Galicia non atenda a petición dos percebeiros locais para seguiren eles coa explotación oficial da mesma. Se non fose así, Cedeira e Espasante están a espectativa. Porque se agora hai moitos cariñeses que se botan as mans á cabeza polo que xa parece irremediable (a perda da confraría), que pode pasar  se tamén perden a lonxa?.

É, como dicía en redes sociais un apreciado cariñés, administrador dun dos grupos desa rede, a crónica dunha morte anunciada. Non se fixo nada por evitala -cando se podía- e agora moi pouco se pode facer para salvar confraría e lonxa. Posiblemente, como afirmou o alcalde, porque o gremio non tivo interese nen siquera, engado eu, en salvar os mobles.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.