A veciñanza de Escarabote mantén unha xuntanza coa dirección de Abanca para evitar o peche da entidade

14 Maio 2021

O Concello de Boiro e a veciñanza de Escarabote seguen a traballar para evitar o peche da oficina de Abanca en Escarabote, unha decisión da entidade bancaria que deixaría aos veciños que non conten cos recursos tecnolóxicos e de mobilidade precisos (ben para usar a banca móbil, ben para desprazarse a Boiro) sen a posibilidade de levar a cabo os seus trámites básicos. Con este fin, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo, mantiveron na mañá deste 14 de maio unha xuntanza cos directivos de Abanca e a veciñanza de Escarabote.

Na reunión, ademais do alcalde, estiveron presentes o director de zona da entidade, Jesús Soto; representantes da Asociación Club de Xubilados e Pensionistas Aroña de Santiago de Lampón e párroco de Escarabote.

A representación da veciñanza e o alcalde expuxeron á dirección da empresa “a importancia que esta sucursal ten no lugar de Escarabote, por ser un dos núcleos máis poboados do municipio e á que numerosas persoas acoden cada día para realizar as súas xestións cotiás”. O alcalde comunicou á entidade a importancia de manter esta sucursal por ser “un servizo básico para as persoas de Escarabote”.

Os residentes na parroquia de Lampón, da que forma parte Escarabote, xa levan recollidas preto de 600 sinaturas, que lles presentaron á dirección da entidade para solicitar a necesidade do mantemento desta oficina e dos servizos que esta presta no lugar. Fixéronlle saber tamén o prexuízo que ocasionaría para a veciñanza o peche desta sucursal, ao obrigar ás persoas usuarias a desparazarse a Boiro para realizar as súas xestións bancarias.

Outros artigos

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.