
O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para coñecer o resultado final das obras.
Informaron que entre os traballos realizados atópase a retirada dos antigos elementos do parque e a renovación do espazo mediante céspede artificial, contribuíndo á mellora do espazo para as actividades que se realizan ao aire libre.
A intervención completouse coa instalación de novo mobiliario e a colocación dun peche perimetral.
Ademais, engadiron, actuouse no espazo axardinado coa rexeneración mediante céspede natural; e realizouse a adecuación do acceso á praia do Esteiro coa colocación dunha fonte e unha ducha demandada polas persoas usuarias do areal.
Con esta actuación o Concello de Boiro continúa coa mellora e posta en valor dos espazos e equipamentos públicos, contribuíndo ao acondicionamento das zonas de lecer empregadas para a realización de diversas actividades.



