A Deputación da Coruña e os concellos impulsan o proxecto do parque arqueolóxico da Idade de Ferro

09 Maio 2021

A Deputación da Coruña e os concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo, asinarán o vindeiro luns o convenio de colaboración que regula o proxecto “Parque Arqueolóxico da Idade do Ferro: Os Castros dos Praestamáricos”.
A iniciativa supón unha liña de promoción turística e cultural do territorio que establece distintas vías de colaboración para a dinamización da Mancomunidade Arousa Norte a través da promoción turística e a posta en valor dos recursos
arqueolóxicos dun territorio especialmente rico en patrimonio.
“Trátase de dar un impulso definitivo por un turismo sostíbel e de calidade. O turismo responde a valores seguros como as nosas praias, a paisaxe ou a gastronomía, máis contamos tamén cun riquísimo patrimonio que é de especial interese neste tempo en que o sector ten que botar man de todas as ferramentas para recuperarse da crise
provocada pola pandemia”, sinala o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.
No caso do Parque da Idade de Ferro, o Castro e Isorna, en Rianxo; os de Neixón e de Achadizo, en Boiro; o de Croa de Postmarcos, na Pobra do Caramiñal, e o Castro da Cidá, en Ribeira, son algúns dos recursos dun proxecto que terá identidade propia coa posta en valor do patrimonio vinculado á Idade de Ferro. Así, o proxecto desenvolverá,
entre outras, accións de protección e sinalización de recursos, deseño e realización de rutas ademais de implementación de novas ferramentas para a súa difusión.
O vindeiro luns, despois da sinatura, os representantes dos concellos manterán unha reunión de traballo na Deputación da Coruña para poñer en común as primeiras accións e decisións arredor do proxecto.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.