A ABE asina un acordo con Asesoría Enerxética de Galicia

17 Marzo 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) asinou este 17 de marzo un convenio de colaboración coa Asesoría Enerxética de Galicia 2020 SLU (Grupo AE2000). Este convenio permitirá ás socias e socios da patronal boirense dispor de prezos especiais para o seu consumo de enerxía eléctrica.

A través do acordo, a asesoría convértese formalmente en colaboradora da ABE, achegando á entidade a súa experiencia e coñecemento acerca do sector enerxético, amais dos seus produtos e servizos principais, entre os que se contan os seguintes:

· Control mensual de tódolos subministros.

· Unha oferta conxunta a tódolos asociados de ABE, cun mínimo de tres provedores e presentando as mellores ofertas recibidas.

· Control a cada asociado de ABE unha vez a CNMC cambie os peaxes de acceso previstos para o 2021.

· Coa sinatura deste acordo as empresarias e empresarios de Boiro poderán mellorar a súa competitividade e avanzar no proceso de dixitalización, un proceso que ABE cualifica de “imprescindíbel no contexto actual”.

O acordo foi formalizado por Daniel García, presidente ABE, e Tatiana Santos, xerente da empresa enerxética.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.