Boiro recibe unha subvención da Deputación da Coruña para a contratación de peóns

16 Febreiro 2021


O Concello de Boiro beneficiarase da subvención do PEL-Concellos da Deputación Provincial da Coruña para a contratación de persoal. Un total de 103.996,35 euros serán empregados para empregar a peóns de diferentes servizos.
A finalidade coa que se pon en marcha esta axuda é a de fomentar o emprego mediante a contratación de persoal en situación de exclusión laboral, así como contribuír á actividade económica, á fixación de poboación nos concellos e ao crecemento sostible dos mesmos. No caso do Concello de Boiro, os peóns estarán ligados a tarefas de mellora na rede de sumidoiro, en accesos a núcleos de poboación e pavimentación das vías públicas.
O proceso de selección abrirase nas vindeiras semanas, e tódolos interesados deberán atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral: ser maior de 45 anos, ser persoas desempregadas de longa duración, discapacidade, vítimas de violencia, drogodependencia… O número total de horas previstas de traballo para a contratación é de 7.835 horas. As bases e o prazo para a presentación de solicitudes estará dispoñible na páxina web municipal, www.boiro.gal.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.