A Xunta adxudica unha nova parcela no parque empresarial de Boiro

16 Febreiro 2021

A Xunta de Galicia, da man da empresa Xestur, adxudicou este martes 16 unha nova parcela no parque empresarial de Boiro. Dito terreo é de solo bonificado e ten unha superficie de 2.716 metros cadrados.

O Goberno galego mantén o esforzo para facilitar a implantación de empresas nos solos urbanizados. De feito, esta parcela foi adxudicada a unha empresa que se dedica á fabricación de bolsas e material de embalaxe por un importe de máis de 181.000 euros, despois de aplicar unha bonificación de preto de 75.000 euros.

En xeral, as bonificacións que se aplican na venda de solo empresarial da Xunta de Galicia dende 2015 superan os 64 millóns de euros. Isto supón un importante apoio público á creación de riqueza e emprego por parte das empresas asentadas en Galicia.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.