Boiro contará cun inventario de árbores potencialmente senlleiras

19 Xaneiro 2021

O departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro está a traballar na elaboración dunha catalogación das árbores do termo municipal que teñan interese histórico, cultural, ambiental ou paisaxístico. O obxectivo desta iniciativa é “contar cun inventario local de árbores que poidan ser catalogadas como senlleiras”.

O Concello lembra que a Xunta dispón dun distintivo para as árbores de meirande valor e que, cada ano, convoca axudas para os municipios destinadas á súa conservación e mantemento. Así, malia que o termo municipal non dispoña aínda de ningunha entrada neste catálogo, si que se sentaron as bases, a nivel local, dun proceso de participación veciñal para identificar e catalogar diferentes árbores do municipio. Ao fío destes alicerces xa asentados, o departamento está a realizar un estudo previo daquelas árbores que poden chegar a ter o distintivo de sobranceiras (para o que será preciso avaliar criterios dendométricos como son a altura, o perímetro do tronco ou o diámetro da copa; e criterios biolóxicos, ecolóxicos e de situación) e poder realizar as solicitudes e que sexan catalogadas para a súa protección.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.