Reparados os problemas na canalización de auga en Bealo

15 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro rematou as obras que solucionan os problemas que existían na canalización de auga en Bealo. A reparación provoca que se comecen a dar as altas no servizo para a conexión á rede xeral.

A actuación permite que tódalas persoas que teñan a posibilidade de acceder ó servizo poden solicitar a acometida de auga para conectarse á rede. Deste xeito, os interesados poden pasar polas oficinas do servizo municipal de Recadación para tramitar a correspondente xestión.

Ademais, o Concello de Boiro está pendente da licitación das obras que dotarían de auga potable ás vivendas na parroquia de Bealo. Os traballos afectarían a un total de 5.160 metros de lonxitude para dar servizo de auga potable ás vivendas máis afastadas da rede principal de abastecemento.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.