Boiro informa da resolución das axudas á comunidade local de estudantes

07 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro deu a coñecer este 7 de xaneiro a resolución das concesións de axudas aos estudantes do curso 2020/2021 que convoca a Concellería de Educación. A listaxe definitiva de concesións vai estar dispoñíbel na web municipal.

O Concello de Boiro destina un total de 5.000 euros en axudas directas para gastos de transporte, alugueiro, manutención e outros gastos. Á convocatoria, destinada a alumnado que cursa estudos técnicos, medios ou superiores que non poidan ser cursados en ningún dos centros de ensino municipais, presentáronse un total de 110 solicitudes.

A concesión das bolsas realizouse mediante un réxime de concorrencia competitiva de acordo coa delegación de atribucións recollidas nas bases, entre as que se puntuaban o tipo de familia, a situación de emprego ou desemprego dos proxenitores, o lugar de residencia ou transporte empregado e o expediente académico.

Toda a información da convocatoria na Oficina Municipal de Información á Xuventude do Concello de Boiro, no enderezo electrónico omix@boiro.org, no teléfono 981 84 26 35 ou de xeito presencial no Centro Social de Boiro.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...