O Concello de Boiro renova os pasos canadenses

16 Outubro 2020

O Concello de Boiro está a renovar os pasos canadenses do municipio, e faino en resposta a unha demanda dos veciños e veciñas residentes dos núcleos próximos á Serra do Barbanza, co fin de arranxar as deficiencias que presentaban polo paso do tempo e o uso. Dos traballos encárganse os operarios municipais.

Segundo lembra o Goberno local, os pasos canadenses son un sistema de confinamento de animais que non obstaculizan os paso de vehículos. “Debido ao trafico rodado, a maior parte dos pasos canadenses atopábanse en moi mal estado e a veciñanza levaba tempo demandando que estes se substituísen”, engade o Concello, que lembra que o primeiro que se fixo foi unha revisión de todos os pasos que hai no municipio para comprobar o seu estado e coñecer cales era preciso reparar ou substituír. Os operarios municipais realizaron os novos pasos a medida para cambialos polos antigos, empezando por aqueles mais deteriorados e os que mais se utilizan. Nos vindeiros días seguiranse renovando todos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...