Boiro despide xullo e recibe agosto con contacontos, circo e música

28 Xullo 2020

Quen queira narracións orais, circo ou música, e ademais en espectáculos seguros e controlados, vainos ter estes días (estas xornadas a cabalo entre xullo e agosto) en Boiro. A axenda colle impulso da man da contadora Raquel Queizás, que este mércores 29 nos achega un sesión de narracións no esteiro do río Coroño, ás 12.00 horas. Trátase de Travesías, Aventuras de Libro, un espectáculo de narración oral para público infantil e familiar. O aforamento será limitado.

Raquel Queizás

Sen saírnos da xornada do mércores 29, contra a última hora da tarde toman a palabra os integrantes de Pistacatro, con O fantástico circo de insectos xigante do doutor Mezzo, un espectáculo itinerante ateigado de fantasía, imaxinación e humor que está previsto ás 20.30 horas no pase marítimo de Barraña.

Ao día seguinte, o xoves 30, será a quenda da música tradicional galega con a actuación de Lumieira (Lumieira en concerto) ás 21.00 horas na praza do Centro Social de Boiro.

O venres 31 temos un novo capítulo da axenda cultural boirense co espectáculo A Voar, que vén da man de Ce Orquestra e que se vai celebrar ás 21.30 horas na capela da Virxe do Carme en Cabo de Cruz. Trátase dun conto (para “soñar” e para “brincar”) para todos os públicos que se achega de balde, aínda que é preciso reservar a entrada no enderezo electrónico cabodecruz@boiro.org ou no mesmo día da actividade por orde de chegada.

O sábado 1 de agosto volvemos ter unha nova ración de música galega, co concerto de A Banda de Balbina na praza do Centro Social de Boiro, a partir das 22.00 horas. As prazas novamente serán limitadas, pero pódense reservar as entradas no enderezo cabodecruz@boiro.org.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.