A UNED Sénior de Boiro volve ás clases o martes 23

22 Xuño 2020

O Concello de Boiro retoma a esta semana os cursos de formación da UNED Senior que se paralizaron durante o Estado de Alarma pola COVID-19. Neste semestre, ao servizo das persoas maiores do termo municipal, impartirase a modalidade de cultivo de hortalizas todo o ano.

Tal como informamos en O Barbanza e segundo lembra o Concello, o curso comezou no mes de marzo e estaba previsto que rematase agora estes días de xuño. Porén, por mor da pandemia do coronavirus, só foi posíbel impartir unha clase. A formación reiniciase finalmente o martes 23 de xuño en horario de 18.00 a 22.00 horas.

As clases teóricas vanse impartir no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira e, para as clases prácticas, acondicionouse un espazo na finca de Goiáns, na que os asistentes ao curso van a poñer en práctica os coñecementos sobre cultivo ecolóxico de hortalizas adquiridos.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.