Boiro abre esta fin de semana o aparcamento de autocaravanas de Praia Xardín

18 Xuño 2020

O Concello de Boiro está a traballar para levar a cabo os protocolos de
seguridade necesarios en canto aos servizos turísticos para podelos
restablecer. Esta fin se semana vaise abrir e poñer en funcionamento o
aparcamento de autocaravanas de Praia Xardín, con aforo limitado e
cumprindo coas medidas de seguridade esixidas.
Nas últimas semanas estívose traballando no acondicionamento do
espazo, realizando tarefas de desbroce e mantemento. Tamén se están
cambiando os paneis informativos do aparcamento, para indicar os protocolos
de seguridade e as normas de uso das instalacións e servizos.
O aforo do aparcamento reduciuse á metade, para poder garantir os
protocolos de seguridade, habendo así espazo para 22 autocaravanas. As
prazas de estacionamento están delimitadas e sinalizadas nas que se pode
estacionar e nas que non. Tamén se limitou o horario de pertenza no mesmo,pasouse de 72 a 24 horas.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.