O Concello de Boiro entrega material de protección aos centros educativos

13 Maio 2020

O Concello de Boiro prosegue nestas xornadas os seus traballos de distribución de material de protección anti-COVID naqueles sectores que están a retomar a súa actividade, por exemplo (onte e antonte) os salóns de peiteado e os centros de estética. Agora é a quenda tamén dos centros educativos, que abriron esta semana as súas portas e que, polo tanto, teñen unha especial demanda de equipamento de seguridade sanitaria, como por exemplo xeles hidroalcólicos e outros elementos, que están achegar de xeito continuo aos CEIP do termo municipal.

O Concello lembra que dende este luns e até o día 18 é posíbel acudir aos centros educativos para formalizar a admisión de matrícula con vistas ao curso 2020/21, un prazo que está orientado a aquelas persoas que non puideron pechar o trámite no período ordinario do mes de marzo ao suspenderse polo Estado de Alarma. Os centros educativos están abertos para estas xestións durante esta semana e con atención ao público, polo que o Concello de Boiro lles facilitou solución desinfectante, luvas, máscaras e pantallas a todos eles.

O Goberno local lembra que os centros, “dado que estaban sen actividade desde que se suspenderon as clases, non dispoñían do material de protección suficiente para o persoal administrativo e de dirección que está nos centros”, e tampouco “para os pais/nais titores que estes días acceden ás instalación”.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.