O Concello do Son mellora a eficiencia enerxética e confort da Casa da Cultura de Queiruga

18 Decembro 2025

A Casa da Cultura de Queiruga xa loce un renovado aspecto tras a substitución das xanelas e as portas exteriores do recinto, unha actuación destinada a mellorar a eficiencia enerxética do edificio e garantir un maior confort para as persoas usuarias, segundo informou o Concello, engadindo que a actuación contou cun investimento de máis de 53.000 euros a cargo do POS da Deputación da Coruña. Ademais, as novas ventás e portas exteriores instaladas contan con dobre acristalamento e sistemas de illamento que permitirán un aforro da climatización.

A intervención forma parte do plan municipal de mantemento e modernización de instalacións culturais, co obxectivo de reducir o consumo enerxético e ofrecer espazos máis sostíbeis.

Tras o remate das obras, o alcalde, Luis Oujo, destacou que “con esta actuación, a Casa da Cultura de Queiruga prepárase para seguir sendo un referente na vida cultural da nosa vila, ofrecendo mellores condicións a asociacións e colectivos, así como tamén a toda a veciñanza que fan uso destas instalacións”.

“Con esta actuación permite promover o aforro enerxético municipal, optimizar as condicións do centro, prolongar a durabilidade da infraestrutura e mellorar a súa eficiencia enerxética”, rematou Oujo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.