Este xoves 26 de marzo concentrouse nas inmediacións do Centro de Saúde un nutrido grupo de veciñas e veciños, profesionais sanitarios e membros do Goberno municipal, arroupando a nova concentración local convocada pola Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza, “para denunciar a falta de persoal médico e a situación de precariedade dos profesionais da saúde desenvolven o seu traballo”. Esta situación, explicaron, “acaba repercutindo na atención especializada e en urxencias” Dende o Goberno municipal solicitaron novamente cubrir todo o persoal de baixa e as vacacións. “Ribeira quere os profesionais sanitarios suficientes que garantan a calidade asistencial e eviten o deterioro da atención primaria”, sinalaron.




