Noia activa unha nova edición do certame Vai de Tapas (inscricións abertas)

21 Outubro 2026

Noia impulsa esta tempada unha nova edición do certame Vai de Tapas, que ten aberto xa o seu prazo de inscrición para os establecementos de hostalería locais que queiran participar na iniciativa.

Os días 6, 7 e 8 de novembro volve unha cita para “dar a coñecer a túa cociña e animar a veciñanza e visitantes a saír de tapas pola vila noiesa”.

Serviranse tapas a 3 €, de elaboración libre e preferentemente con produtos locais.

O miolo do programa de actividades é un concurso para elixir a mellor tapa, coa votación do público e dun xurado.

Haberá sorteos entre as persoas participantes e promoveranse os establecementos en prensa e redes sociais.

Ademais, o Vai de Tapas terá este ano un impulso especial ao coincidir coa actividade de dinamización comercial e descontos MercaNaVila, o Festival de Curtametraxes de Noia e o Magosto.

Os establecementos que queiran participar en Vai de Tapas poden inscribirse en liña.

O Vai de Tapas de Noia está organizado polo Concello de Noia, contando coa colaboración activa da asociación de comerciantes Noia Histórica e o sector hostaleiro local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.