Ler Conta Moito leva ao Son dúas citas de maxia e circo para a rapazada (nas Casas da Cultura do Son, Xuño e Portosín)

21 Outubro 2026

O programa autonómico Ler Conta Moito, impulsado pola Consellería de Cultura para dinamizar a lectura e o servizo das bibliotecas públicas, trae esta semana ao Concello do Porto do Son dúas actividades de moito interese para a rapazada local: por unha banda a sesión Circo na Biblioteca (da man de Dani Blanco) e pola outra o espectáculo Galicia coa maxia, de Pedro Bugarín.

Circo na Biblioteca, logo da cita deste martes en Xuño, chega este mércores 21 ás 12.00 á Casa da Cultura de Portosín e este xoves 22 á Casa da Cultura do Porto do Son, ás 10.30 horas.

Pola súa banda, Galicia coa Maxia recala este mércores 21 na Casa da Cultura de Portosín (ás 10h) e na Casa da Cultura de Xuño (ás 12.45). Este venres 23 de outubro farao na Casa da Cultura do Porto do Son (ás 10.30 horas).

Sinopse de Circo na Biblioteca. Pensaches algunha vez que non era posible ter circo na túa biblio? Pensas que é imposible? Pois neste 2024 a compañía Dani Blanco, con 20 anos de experiencia, vaiche traer o mellor circo de malabares con pelotas, libros, números imposibles, equilibrios, clown, música e moito máis adaptado a todo tipo de espazos, para desfrutar en familia do mellor circo do mundo.

Sinopse de Galicia coa Maxia. Trátase do novo show do mago Pedro Bugarín totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor. Este espectáculo, que percorreu máis de 100 concellos, cambia pero mantén a esencia da maxia divertida e moi moi participativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.