Redemar aproba os proxectos de investigación Volaria e Octosan sobre a volandeira na ría de Vigo e o ciclo vital do polbo

20 Febreiro 2025

Estas iniciativas contan coa participación do CSIC, o Intecmar, a Universidade de Vigo, a Asociación de Marisqueo a Flote Ría de Vigo e as confrarías de Bueu, Baiona, Ribeira, e Fisterra

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro preside a xuntanza de Redemar e aproba dous novos proxectos de investigación

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, presidiu hoxe a xuntanza ordinaria da Rede entre o sector pesqueiro e os organismos científicos autonómicos, Redemar, na que se aprobaron dous novos proxectos de investigación centrados no desenvolvemento sostible dos recursos mariños.

O primeiro dos proxectos, Volaria, está liderado polo CSIC e conta coa colaboración da Asociación de Marisqueo a Flote Ría de Vigo, o IIM-CSIC, Intecmar e a Universidade de Vigo. O obxectivo principal desta iniciativa é investigar os factores biolóxicos que condicionan a comercialización da volandeira na ría de Vigo, abordando distintas perspectivas e analizando ventás temporais ou rangos específicos de tamaño.

O segundo proxecto aprobado, denominado Octosan, é un estudo que ten como finalidade afondar no ciclo vital do polbo nas poboacións naturais, analizando a súa saúde e capacidade de defensa fronte aos estresantes ambientais derivados do cambio climático. Este proxecto busca mellorar a xestión deste recurso mariño e garantir a súa sostibilidade para responder á demanda dos mercados, a través do coñecemento dos efectos provocados pola presenza de patóxenos oportunistas e outros agresores externos.

Ambos proxectos, que serán desenvolvidos até o ano 2027, contarán cun orzamento conxunto de 350.000 euros e serán avaliados en futuras xuntanzas de Redemar. Nestas xuntanzas, o socio líder de cada proxecto presentará o avance das tarefas e o cumprimento do cronograma previsto, así como a xustificación dos entregables comprometidos. Tamén se acordou que, nas próximas reunións, sexan os representantes das entidades líderes e os investigadores principais os encargados de presentar novas propostas de iniciativas que poidan ser desenvolvidas por Redemar.

Esta colaboración entre o sector pesqueiro e os organismos científicos autonómicos reafirma o compromiso por unha xestión sostible e científica dos recursos mariños.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.