En Outes o Concello inicia as obras de mellora dos rueiros no núcleo de Lagoa

22 Xaneiro 2025

O Concello de Outes informou do inicio das obras de mellora dos interiores do lugar de Lagoa, en San Cosme de Outeiro, uns traballos que poñen o foco nos rueiros tradicionais do núcleo (dúas rúas principais) e na súa posta a punto con vistas a incrementar a accesibilidade e a seguridade de vehículos e peóns.

O investimento total do proxecto é de 55.928 € e está financiado polo POS+2022 con fondos da Deputación da Coruña.

O Concello de Outes tamén informou do remate recente das obras de mellora de pavimentación do lugar de Outes (fase 1) e do lugar de Banzas, cun investimento de 47.300 € e 55.000 €, respectivamente. Foron financiadas co Plan de Obras e Servizos (POS+2022 Adicional), da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.