Mulleres do Barbanza organiza unha concentración este venres en Ribeira para mostrar a súa repulsa polo novo asasinato machista en Galicia

19 Decembro 2024

A Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) convoca unha nova concentración urxente e anti-machista este venres 20 de decembro na praza do Concello de Ribeira, a carón da Columna das Vidas Fendidas, a partir das 20.00 horas. Na cita a organización feminista da nova comarca fará unha mostra de repulsa polo novo asasinato machista perpetrado esta semana en Viveiro (Lugo), baixo o lema Paremos este machismo asasino, paremos esta violencia, as mulleres esiximos vidas libres!. A convocatoria acompáñase dun novo chamamento á participación, non só das mulleres senón do conxunto da sociedade da nosa comarca: “Todas e todos somos imprescindíbeis na loita contra a violencia machista”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.