Vicente Todolí visita Casa RIA cunha conversa sobre a biodiversidade dos cítricos

21 Outubro 2026

A Fundación RIA celebra o próximo 22 de outubro ás 18:30 h en Casa RIA (rúa Virxe da Cerca, Santiago), a cuarta sesión do programa público da exposición O pequeno é grande, titulada Cultivar a paisaxe. Impulsado co apoio de Casa Grande de Xanceda, este ciclo de encontros ten como obxectivo explorar as posibilidades da produción local e a súa capacidade para xerar novas formas de relación co territorio. 

Vicente Todolí, exdirector da Tate Modern, comisario de arte e fundador da Todolí Citrus Fundació, compartirá a súa experiencia na conservación e estudo da biodiversidade dos cítricos. O traballo realizado dende a fundación fai posíbel comprender a través da súa colección de especies e variedades a importancia patrimonial destes cultivos. Nesta conversa reflexionarase sobre como o coidado destas variedades permite contribuír ao mantemento das paisaxes e a fortalecer a nosa relación co territorio. 

A conversa é de balde; porén, debido ás limitacións de aforo, require inscrición previa A sesión completarase cunha cea de pago que consistirá nun menú degustación inspirado nos cítricos de Galicia, elaborada polo equipo de A Cantina. A inscrición a ambas modalidades farase a través da plataforma de organización de eventos Eventbrite. 

Para máis información, poden contactar a través deste correo electrónico ou chamando ao 881 150 071.  

A Casa RIA é un centro cultural, de debate e de investigación multidisciplinar situado no centro histórico de Santiago de Compostela (na Rúa Virxe da Cerca, fronte ao Mercado de Abastos). Trátase da sede oficial da Fundación RIA, un think tank sen ánimo de lucro impulsado dende O Barbanza polo recoñecido arquitecto británico e premio Pritzker David Chipperfield e destinado a “protexer e planificar de xeito sostíbel o territorio e a contorna de Galicia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.