A canle municipal de Muros no Whatsapp xa conta con 500 seareiras/os

10 Outubro 2024

O Concello de Muros fixo balance do seguimento acadado pola súa canle de Whatsapp, Muros Hoxe, posta en marcha para achegar a actualidade local á cidadanía, estreitar a comunicación coa veciñanza e, tamén, fomentar a participación na vida municipal. Segundo se fai saber no balance, xa son 500 as veciñas e veciños que seguen a actualidade do Concello a través desta canle tecnolóxica.

Dende o Goberno local explican que entre as novidades que se envían a través de mensaxes no Whatsapp figuran as convocatorias, a axenda de actividades, os avisos urxentes e as últimas iniciativas municipais, entre outras informacións. As persoas que queiran facer uso deste servizo poden agregar o número 626 86 12 70 á súa listaxe de contactos e enviarlle unha mensaxe coa palabra ALTA.

O servizo trátase dunha lista de difusión, polo que os usuarios non terán acceso aos datos ou información do resto dos rexistrados/as na canle de WhatsApp.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.