Novo roubo nun local hostaleiro de Ribeira

19 Febreiro 2020

Continúan os roubos nos establecementos ribeirenses, pois os amigos do alleo actuaron na madrugada do martes no bar Bahía, situado no Malecón. Para acceder ao local, o intruso rompeu unha cristaleira. O botín resultou ser a máquina comecartos, levándose consigo toda a recadación que contiña.

Un novo suceso que fai que volva a apoderarse a intranquilidade entre os comerciantes e hostaleiros da cidade. En xaneiro do presente ano, a Asociación de Empresarios de Ribeira presentou un escrito na Subdelegación do Goberno na Coruña, expoñendo a súa preocupación pola vaga de roubos e reclamando o incremento de efectivos na Comisaría da Policía Nacional.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...