A Subdelegación comprométese co empresariado de Ribeira a incrementar os efectivos policiais

29 Xaneiro 2020

A Asociación de Empresarios de Ribeira vén de recibir resposta ao escrito remitido á Subdelegación do Goberno na Coruña co fin de trasladar á representación provincial do Goberno a fonda preocupación do colectivo local pola vaga de roubos que asola o concello dende hai meses, unha lacra, sinalaban no comunicado, que se ceba nos establecementos da cidade de calquera sector e “ante a que nos sentimos indefensos”. Na misiva a asociación reclamaba ao Goberno central o incremento de efectivos na Comisaría de Policía Nacional co fin de combater o dito problema de inseguridade. Na resposta, a Subdelegación trasládalle á asociación ribeirense o compromiso do actual Goberno “por desenvolver na meirande brevidade posíbel as axeitadas políticas que permitan a progresiva incorporación de persoal para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”.

A Subdelegación, por outra banda, recoñece que “nos últimos anos produciuse unha diminución no número de funcionarios” adscritos ás ditas forzas e a outros “servizos fundamentais”, como é o do ensino. Segundo engade na misiva, “é unha situación herdada por este Goberno que, porén, ten a decidida determinación de emendar esta problemática”. Neste senso, a Subdelegación lembra que en 2018 foi convocada “a maior oferta de emprego público da última década”, consistente en case 31.000 prazas, das que 7.688 estaban destinadas a docentes ás ditas forzas e corpos de seguridade.

Este incremento de funcionarios, se ben quedou en punto morto dende 2018, volve estar no punto de mira do actual Goberno, que ten, en palabras da Subdelegación, “o forte compromiso de facer medrar a dotación de efectivos policiais en todos os núcleos do ámbito estatal e, por suposto, na Comisaría de Ribeira”. Isto levarase a cabo unha vez rematen os “necesarios períodos de selección e formación dos futuros axentes”, explica a Subdelegación, que tamén se compromete, na resposta á petición do empresariado de Ribeira, a equipar a cidade con infraestruturas precisas para o desenvolvemento axeitado das funcións dos axentes, “tal e como quedou de manifesto na recente formalización do contrato para a construción da nova comisaría”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.