Os empresarios de Ribeira reiteran a necesidade de incrementar os efectivos da Policía Nacional na localidade

16 Xaneiro 2020

A Asociación de Empresarios de Ribeira vén de presentar un escrito na Subdelegación do Goberno na Coruña no que lle fan chegar á representación provincial do Goberno estatal a súa fonda preocupación pola vaga de roubos que está a asolagar o concello dende hai meses: unha lacra que se ceba nos establecementos da cidade de calquera sector e ante a que as empresarias e empresarios séntense indefensos.

No comunicado a asociación volve reclamar reclama ao Goberno central o incremento de efectivos na Comisaría de Policía Nacional ao tempo que aclara que a súa intención, en anteriores comunicacións, “nunca foi cuestionar a eficacia do corpo”, ao que felicitan polos seus fitos recentes en materia de eficacia, senón poñer de manifesto as carencias que se derivan do feito de só estea dispoñíbel “unha patrulla en Ribeira, o que constitúe un escaso número de efectivos que impide prestar o servizo coas garantidas axeitadas á cidade, posto que a custodia dun detido no permitiría a dispoñibilidade da patrulla para outros servizos”.

A asociación aclara tamén que a petición pretende mostrar a necesidade de previr o delito e actuar en relación coa presenza de “toxicómanos e pequenos traficantes” que transmiten, en palabras da entidade, “unha imaxe de inseguridade e temor á poboación”, que repercute tamén negativamente na actividade dos establecementos comerciais. A entidade tamén fai saber que “a nosa solicitude de incremento de dotación de efectivos na Comisaría de Ribeira é reflexo do sentir común dos empresarios, comerciantes e cidadáns de Ribeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.