A rapazada do Santa Baia mergúllase no día a día do Consistorio de Boiro

10 Febreiro 2020

O alumnado o CEIP Santa Baia visitou a semana pasada o Concello de Boiro para coñecer o traballo das súas traballadoras e traballadores e do seus diferentes departamentos. Na experiencia participaron uns 50 estudantes de segundo curso de Primaria, que aproveitaron a visita para transmitir as súas demandas e puntos de vista ao alcalde, José Ramón Romero.

Durante a súa estadía no Consistorio, tiveron ocasión de visitar o arquivo municipal e ver os traballos que se levan a cabo desde o departamento de Urbanismo e Obras, dende o departamento de Medio Ambiente e dende o de Servizos Sociais.

Tamén tiveron oportunidde de informarse sobre o día a día das Oficinas Xerais e da Oficina de Turismo, e tamén do labor despregado dende as dependencias da Policía Local.

O alumnado reuniuse no salón de plenos co alcalde de Boiro, José Ramón Romero, coa concelleira de Cultura, María Outeiral, e tamén co tenente de Alcalde, Luís Ruiz, aos que lles transmitiron as súas dubidas sobre o funcionamento do Concello e o seu traballo diario e tamén lles transmitiron as súas demandas e melloras para o municipio.

Estas visitas están incluídas na formación que os propios alumnos reciben nas aulas para coñecer o funcionamento dunha administración. Todos eles levaron o libro Unha visita polo Concello con Baia, no que se explican os distintos departamentos que puideron visitar e o seu funcionamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.