A Xunta e a Fundación Repsol fomentan a literatura galega coa XVIII edición do Premio Narrativa Breve

20 Xuño 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a xerente de Relacións Institucionais de Fundación Repsol, Mercedes Gómez, asinaron este xoves 19 de xuño o convenio que da lugar á nova convocatoria do Premio Narrativa Breve en lingua galega. Na que será a súa décimo oitava edición, este galardón, sinalaron, “ofrece a posibilidade ao gañador de publicar a súa obra coa Editorial Galaxia e unha dotación económica de 12.000 euros”.

O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Repsol promove e reforza a creación literaria en galego para dar a coñecer novos escritores. Lembrou que dende o nacemento deste premio no ano 2006, presentáronse máis de 500 obras orixinais, “isto denota o amplo volume de creación de obras na nosa lingua”, indicou o representante da Xunta.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos e a xerente de Relacións Institucionais de Fundación Repsol, Mercedes Gómez, asinaron o convenio para a promoción de este premio acompañados polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral da Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo.

Nesta edición, a convocatoria para enviar as obras estará aberta ata o próximo 31 de xullo e os autores deberán remitir textos orixinais e escritos en galego, tal e como establece a normativa da Real Academia Galega, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120. Unha vez pechado o prazo, será un xurado o que decidirá a obra gañadora que se dará a coñecer no mes de setembro. Este tribunal estará composto por cinco membros, que representarán á Xunta de Galicia, á Fundación Repsol, á Real Academia Galega, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e á Editorial Galaxia.

O Goberno galego colabora co Premio de Narrativa Breve desde o seu nacemento, no ano 2006, cando foi creado polo Complexo Industrial de Repsol. Esta iniciativa que fomenta a difusión da cultura e a lingua galegas, conta co apoio da Real Academia Galega e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como a colaboración coa Editorial Galaxia, que sempre edita as obras que acadan o galardón.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado do secretario xeral da Lingua, Valentín García, asina un convenio para o Premio de Narrativa Breve de Repsol. Na Sala de Xuntas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.