Sanidade baralla a posibilidade de incrementar o persoal médico no Barbanza con facultativos con 2ª residencia na comarca

29 Maio 2024

A Xunta está a avaliar a posibilidade de que facultativos con segunda residencia no Barbanza poidan traballar no verán nos centros de saúde da nosa comarca. O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, informou este 29 de maio, en resposta a unha pregunta parlamentaria, sobre a atención sanitaria no Centro de Saúde de Ribeira e as medidas previstas para incrementar a cobertura das prazas de médicos.

O Centro de Saúde de Ribeira

Gómez Caamaño incidiu en que “a falta de médicos, fundamentalmente nas especialidades de medicina familiar e comunitaria e pediatría, é unha problemática que afecta a toda España”, un problema ante o cal a Xunta está “a buscar solucións imaxinativas e resolutivas”, dixo, apuntando a posibilidade de que facultativos externos acudan puntualmente a realizar xornadas de consultas, ademais de, “en diálogo coas xerencias das áreas sanitarias”, deseñar “plans que permitan cubrir a asistencia aos pacientes ante este falta de profesionais”.

Engadiu que “a atención urxente de todos os pacientes que acoden por doenzas ao Centro de Saúde de Ribeira está garantida, aplicando todas as ferramentas de clasificación de doentes dos que dispón para iso o Servizo Galego de Saúde”. Dixo tamén que “o Centro de Saúde conta coa colaboración e presenza de todo o persoal de enfermería, que fai un labor moi importante no seguimento dos pacientes crónicos e na atención dos agudos”.

Na súa intervención, o conselleiro demandou solucións urxentes ao Ministerio de Sanidade para “cubrir a falta de profesionais sanitarios, un asunto de orixe estatal, posto que o problema vén motivado polo atraso no inicio da formación de xeración MIR no ano 2020, con motivo da pandemia”.

Sinalou que o Goberno de España é “responsábel desa planificación”, polo que “debe afrontar o problema coas comunidades e dar solucións, posto que a poboación necesita médicos no verán”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...