Este luns 20 de maio abre o prazo de inscricións para o Campamento Concilia Verán 2024 do Concello de Rianxo. Trátase dunha iniciativa de lecer e conciliación estival destinada á rapazada de entre 3 e 12 anos. Desenvolverase no IES Félix Muriel, no CEIP Ana María Diéguez e no CEP Brea Segade dende o 24 de xuño ata o 30 de agosto. Ademais, contará con Plan Madruga!
Bases e máis información na web municipal.
Na edición do ano pasado participaron máis de máis de 240 rapaces e rapazas de entre 4 e 11 anos.
O campamento é un xeito de botar unha man ás familias que máis precisan atopar alternativas de lecer para rapazada durante este verán e con formato de horario estendido.




