“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

26 Abril 2024

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar franquista. Personaxes e individuos, con poder no réxime anterior, tiveron a oportunidade de poder engrosar as listas electorais dalgúns partidos políticos para presentarse a unhas eleccións, despois do “borrón e conta nova”. Na actualidade continúan os pasos dos seus antepasados os seus fillos e netos, estrañando aqueles tempos escuros da nación española.

Hai anos en que, o noso país vive refén dos poderes mediáticos, empresariais e xudiciais amparados por forzas políticas da dereita radical e da extrema dereita. Todo está xustificado para atacar ao adversario político. Trolas, falsidades, mentiras, acoso, denuncias falsas e imputacións sen ningún tipo de percorrido xudicial. Todo está controlado polo odio e o rancor dos que non teñen o poder para seguir crendo que España é súa, dos seus familiares e amigos, o resto son escoura, populistas, parias e marxinados sociais.

Escoitar, ler ou ver, nalgunhas emisor de radio, xornal ou televisión, é habitual atoparse con determinadas noticias falsas e partidistas que están á orde do día. Estes medios, chamados “xornalísticos”, serven á voz dos seus amos, que os sufragan economicamente con diñeiro manchado de sangue, do narcotráfico ou das mafias do crime organizado.

Controlando a certos medios de comunicación e a determinados membros do poder xudicial, queren decidir o futuro do país. Para eles, o fin xustifica os medios. Actuaron, atacando e destruído ao partido político de Podemos e a moitos dos seus líderes así como a membros doutras formacións políticas, estamentos sociais e xudiciais contrarios aos seus intereses. Sen ruborizarse, continúan coas súas estratexias kafkianas, porque se aproveitan do pasotismo político da maioría da sociedade civil.

Outros artigos

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...

+

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión