O alumnado de 2º e 3º de primaria do CEIP Santa Baia visitou o Consistorio boirense

03 Abril 2024

O Concello de Boiro recibiu na mañá deste mércores 3 de abril a visita do alumnado de 2º e 3º de primaria do CEIP Santa Baia. Durante a súa estadía no Consistorio puideron coñecer o funcionamento dos distintos servizos municipais e facerlle as súas preguntas e peticións ao concelleiro de Administración Xeral, Raúl Treus, e outros membros do Goberno local.

No transcurso da visita, o alumnado tamén tivo oportunidade de coñecer o salón de plenos, como se constitúe a Corporación local ou o funcionamento dos distintos departamentos e servizos municipais e como é o traballo diario da Administración local. Ademais, os grupos tiveron oportunidade de simular unha corporación e celebrar un simulacro de pleno.

Estas visitas están incluídas na formación que o propio alumnado recibe nas aulas para coñecer o funcionamento dos concellos e, durante a visita, tiveron oportunidade de formular as súas dúbidas ou preguntas sobre o municipio, os servizos públicos e tamén o traballo diario dos concelleiros e concelleiras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.