Este mércores celébranse en Boiro dúas novas charlas do ciclo Muller e Saúde

19 Marzo 2024

O Concello de Boiro organiza este mércores dúas actividades de divulgación e formación ao abeiro do ciclo Muller e Saúde, desenvolvido polo Consistorio e o Centro de Información á Muller (CIM) local no marco das actividades do 8M.

Este mércores 20 de marzo ás 11.00 horas o Centro de Saúde de Boiro acolle unha charla sobre alimentación na etapa da menopausa. Trátase, máis en concreto, da charla Premenopausa: cambios hormonais, alimentación e prevención de patoloxías. Inscrición previa no CIM de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1258.

Na mesma xornada deste mércores, ás 16.00 horas, o Centro Social de Boiro albergará a charla Sexualidade en mulleres adultas realizada no marco das actividades do programa Muller e Saúde que desenvolve o Concello de Boiro. Inscrición previa no CIM de Boiro mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1258.

Outros artigos

O Concello de Noia amplía a rede de saneamento en Sueiro

O Concello de Noia prosegue a súa actividade nas parroquias, mellorando servizos básicos, e os días pasados iniciou os traballos para ampliar a rede de saneamento en Sueiro, na parroquia de Argalo. A intervención achegará ás veciñas e veciños 100 metros de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.