O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de peóns con programas de integración laboral

26 Febreiro 2024

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de peóns de servizos varios para programas de integración laboral. A contratación será laboral temporal e levarase a cabo mediante unha subvención da Deputación da Coruña.

O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e as persoas candidatas deberán cumprir unha serie de requisitos establecidos no Estatuto Básico de Empregado Público como ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público, ter cumpridos os 16 anos; non padecer enfermidade ou defecto físico; non atoparse incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade e non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública.

Ademais destes requisitos xerais de acceso ao emprego público, as persoas aspirantes deberán estar en posesión de, como mínimo, segundo da ESO ou equivalente e estar en situación de desemprego. Ao tratarse de programas de integración laboral tamén se valoran as situación de exclusión laboral como desempregados de longa duración, maiores de 45 anos, discapacidade, fogar monoparental ou sen fogar…

As solicitudes deberán presentarse nun prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases mediante o rexistro xeral do Concello de Boiro. O Boletín Oficial da Provincia publica este luns as bases da convocatoria, que tamén están dispoñibles para a súa consulta na web municipal.

Para levar a cabo esta contratación o Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 52.000 euros para a axuda á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais dos concellos da provincia (PEL- Concellos 2024). As actividades a realizar contemplan o servizo de recollida de residuos, limpeza viaria, abastecemento de auga, rede de sumidoiros, conservación e mantemento de edificios…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.