O ribeirense Fran Sieira estrea o vindeiro 2 de marzo (no Auditorio de Cangas) a súa nova proposta: “Ceibe”

06 Febreiro 2024

O bailarín ribeirense Fran Sieira comezou o ano cunha importante novidade: a estrea da súa produción Ceibe en Cangas (o 2 de marzo no Auditorio Municipal) e a xira que o levará por diversas localidades da xeografía galega para presentar a súa nova proposta.

Segundo puidemos saber, Fran está a piques de botarse aos escenarios logo de concluír unha residencia artística en Ribeira, precisamente, pechando o devandito espectáculo. Ademais, en agosto foi o encargado do pregón das Festas de Verán da cidade (lembrando os seus inicios, aos oito anos, no Grupo de Baile e Música Tradicional Tahume) e na recta final de 2023 presentou no Pazo de Goiáns, en Boiro, o espectáculo DeMente.

Despois do éxito e a importante repercusión de DeMente, Fran Sieira Compañía de Danza presenta Ceibe, unha obra de baile e música tradicional que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición.

A estrea será o 2 de marzo, ás 20 horas, no Auditorio Municipal de Cangas.

Neste caso, Fran Sieira comparte dirección co bailarín Sergio R. Suárez. O elenco de bailadoras son Aida Tarrío, Patricia Sanchez Seoane, Artur Puga, Adela Otero, Martín Mondragón, María Montero, André Adrio, Cris Canosa e José Adrián Casal. Como asesoras de dirección, Vacaburra; na composición musical, MounQup e Carlos Quintá; no deseño do espazo escénico, Laura Iturralde; no deseño de luces: Fidel Vázquez; no deseño do espazo sonoro, Isaac Millán e no deseño de vestiario, Erica Oubiña

A xira de Ceibe ten as seguintes datas pechadas:
– 2/03 Auditorio Municipal de Cangas
– 9/03 Teatro Principal de Santiago de Compostela
– 12/04 Casa da Cultura de Milladoiro, Ames
– 26/04 Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
– 27/04 Pazo da Cultura, Narón
– 3/05 Auditorio Municipal Gustavo Freire, Lugo
– 16/05 Teatro Rosalía de Castro, A Coruña

Ceibe é como dixemos unha obra de baile e música tradicional que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición.

Ceibe traballa sobre o xénero e as súas formas de operar en diferentes ámbitos do día a día, incluíndo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional.

Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente para establecer distancia coa normalidade e arrastrala cara ás marxes, e dende aí formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona, por tanto, as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.

Elenco: Adela Otero Vázquez, Aida Tarrío Torrado, André Adrio Rodríguez, Artur Pastoriza Puga, Cristina Canosa Prado, José Adrián Casal Sío, Martín Mondragón Rivadulla, María Montero Precedo e Patricia Sanchez Seoane
Autoría e coreografía: Francisco Sieira González
Dirección artística: Sergio R. Suárez e Francisco Sieira González
Asesoras de dirección: VACAburra (Andrea Quintana e Gena Baamonde)
Composición musical:  MounQup (Camille Hedouin) e Carlos Quintá 
Deseño de luces: Fidel Vázquez Díaz
Deseño do espazo escénico: Laura Iturralde
Deseño de vestiario: Erica Oubiña
Deseño do espazo sonoro: Isaac Millán Lledo 
Técnico de son: Isaac Millán Lledo
Técnico de luces: Ángel Raúl Giraldo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.