Prosegue con Fran Sieira (“Demente”) e Vero Rilo a axenda cultura de Boiro desta segunda semana de outubro

12 Outubro 2023

Prosegue a axenda cultural de Boiro con mancheas de propostas. Amais da mostra Madeiras do mar, de Ruth Beltrán, que se poderá visitar no segundo andar do Centro Social durante o mes de outubro, e da exposición Vida e obra de Francisco Fernández del Riego ( mostra realizada polo alumnado de plástica do IES A Cachada que se pode contemplar na Casa da Cultura), este xoves 12 o pazo de Goiáns acolle ás 19.00 horas o espectáculo Demente, da compañía de danza de Fran Sieira no marco do Mes da Danza do Concello de Boiro. A entrada será un donativo de 2 euros para AGADEA Alzhéimer. En caso de choiva, será na Casa da Cultura.

Demente é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 60 minutos de duración. O seu elenco está composto por oito bailadoras e bailadores, acompañados da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda. Todo isto desenvólvese dentro dun marco escénico e cun vestiario deseñado por Carlos Alonso Alonso, xunto co deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz. A parte máis física e a estética contemporánea preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística.

En Demente a compañía de danza Fran Sieira plasma unha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas.

Por outra banda, a contadora Vero Rilo estará na Biblioteca de Boiro o día 13 ás 20.00 horas para achegar o espectáculo para público familiar E a ti… que che contaban?

A maiores, o sábado 14 celebrarase na Biblioteca de Boiro o obradoiro A biblioteca ideal. Crea un libro con nós de Os Náufragos Teatro para público infantil e familiar a partir dos 4 anos (prazas limitadas, inscricións no 981 84 84 10).

O sábado 14 proxéctase no Centro Social de Boiro o filme María Casares, ás 20.00 horas, no marco do Ciclo de Cine Mestre Mateo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...