A partir deste xoves será preciso resintonizar os televisores para gozar das principais canles da TDT en UHD

05 Novembro 2026

A implantación do estándar DVB-T2 na Televisión Dixital Terrestre (TDT) rematou a noite pasada, polo que os usuarios deberán resintonizar os seus televisores a partir das 8.00 horas do xoves 5 de novembro para recibir en ultra alta definición (UHD) as principais canles de ámbito estatal.

Quen non realice esta operación poderá seguir vendo os contidos en alta definición (HD), como ata agora, pero podería atoparse con cambios na posición dalgunhas canles ou mesmo deixar de recibir algunhas delas, dependendo da configuración técnica dos centros emisores e dos televisores. Entre as canles que poderían verse afectadas figuran Clan, DKiss, A3Series, BeMad e Boing, ademais de La Séptima, a nova canle que comezará as súas emisións o propio 5 de novembro.

A recepción das emisións en UHD require tamén que o televisor sexa compatíbel con esta tecnoloxía. Os aparellos adquiridos despois de marzo de 2025 xa incorporan esta compatibilidade, mentres que nos modelos anteriores pode comprobarse a través do menú de configuración ou das especificacións técnicas. A presenza de referencias como 4K, UHD ou unha resolución de 3840 x 2160 píxeles confirma que o dispositivo está preparado para recibir estes contidos.

Os televisores que non admitan UHD seguirán recibindo a programación en HD, polo que a transición non implica que deixen de funcionar nin que sexa imprescindíbel substituílos para continuar vendo a TDT.

A adopción de DVB-T2 achega unha maior eficiencia na transmisión e permite ofrecer mellor calidade de imaxe e son. A maioría dos países da Unión Europea xa emprega este estándar, que facilita que a televisión terrestre poida competir en condicións máis favorábeis cos servizos audiovisuais distribuídos por satélite ou a través de Internet, onde as emisións en UHD están máis estendidas.

O cambio forma parte do Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre, aprobado en marzo de 2025. Unha vez que o parque de televisores estea suficientemente adaptado, abordarase unha segunda fase da evolución tecnolóxica, coa extensión da calidade UHD a todas as canles da TDT, tanto estatais como autonómicas e locais.

Outros artigos

Este sábado arrinca en Noia a edición 2026 do concurso Vai de Tapas

Este venres 6 de novembro arrinca finalmente a nova edición do Vai de Tapas Noia, que se celebrará ao longo de toda a fin de semana (ata o domingo 8) dando a coñecer a importante oferta gastronómica da vila en formato miúdo (formato tapa). Serviranse tapas a 3 €, de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.