
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Dodro organiza unha programación de actividades para “sensibilizar, reflexionar e camiñar xuntas e xuntos cara a unha sociedade libre de violencias machistas”. A axenda inclúe actos institucionais e actividades deportivas, participativas e culturais.
· Venres 30 de outubro. Acendido das luces e colocación das pancartas na Casa da Cultura e na Casa do Concello.
· Do 6 ao 19 de novembro. Exposición fotográfica Express-Arte. De 09.00 a 14.00 h, na Casa do Concello. Esta mostra achegará unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte e foi creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero impulsado pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL). A exposición chega a Dodro a través da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
· Xoves 12 de novembro. Actividade audiovisual máis coloquio. Ás 17.00 h, na Casa da Cultura.
· Sábado 21 de novembro. Andaina 25N, que comeza ás 16.00 h. O percorrido será o seguinte: Lestrobe – Pavillón dos deportes – Reboiras – Eiro – Campo de Fútbol de Chenlo – Concello.
Inscrición do 16 ao 20 de novembro no 981 802 466, de 09.00 a 14.00 h.
· Mércores 25 de novembro · Acto institucional. 12.00 h, na Casa do Concello. Minuto de silencio e lectura do manifesto.



