Cubertas en menos de dúas semanas as prazas da carreira Sin-Son 10k, edición 2026

05 Novembro 2026

A carreira Sin-Son 10k do concello do Porto do Son segue a recordarnos, mesmo antes de celebrarse a súa edición 2026 (o 20 de decembro), os porqués de que estea considerada unha das grandes citas deportivos do ano en Galicia. De feito, a proba bate marcas mesmo no seu prazo de inscrición, xa que este ano esgotou todas as prazas dispoñíbeis (a través de Emesports) en menos de dúas semanas, malia estar (en inicio) o prazo de rexistros aberto ata o domingo 13 de decembro.

Debido a esta importante actividade nos rexistros, a organización (o Concello) habilitou cen prazas máis, polo que este ano teremos 1.600 deportistas tomando a saída en Portosín ás portas do Nadal.

O edil de Deportes, Carlos Lorenzo, mostrou o agradecemento da organización a todas e todos as/os deportistas que confirmaron a súa asistencia á carreira.

Como dixemos, a nova edición da proba celebrarase da man do Concello o vindeiro domingo 20 de decembro. Será unha cita que reunirá a deportistas nun percorrido de 10 quilómetros entre Portosín e Porto do Son e que está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.

A saída da proba absoluta está prevista para as 11:00 horas desde Portosín, con chegada ao Porto do Son. O circuíto constará dun primeiro tramo urbano de 3,55 quilómetros en Portosín con outros 6,45 quilómetros pola estrada AC-550 ata alcanzar a meta, situada na zona portuaria de Porto do Son.

O prazo de inscrición comezou o venres 23 de outubro.

A organización habilitará diferentes opcións para a recollida de dorsais e chips, tanto nos días previos como na propia xornada da proba. Ademais, os participantes disporán dun servizo de autobuses para trasladar os participantes desde Porto do Son ata Portosín, lugar de saída da proba.

Outros artigos

Este sábado arrinca en Noia a edición 2026 do concurso Vai de Tapas

Este venres 6 de novembro arrinca finalmente a nova edición do Vai de Tapas Noia, que se celebrará ao longo de toda a fin de semana (ata o domingo 8) dando a coñecer a importante oferta gastronómica da vila en formato miúdo (formato tapa). Serviranse tapas a 3 €, de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.