Este sábado arrinca en Noia a edición 2026 do concurso Vai de Tapas

05 Novembro 2026

Este venres 6 de novembro arrinca finalmente a nova edición do Vai de Tapas Noia, que se celebrará ao longo de toda a fin de semana (ata o domingo 8) dando a coñecer a importante oferta gastronómica da vila en formato miúdo (formato tapa).

Serviranse tapas a 3 €, de elaboración libre e preferentemente con produtos locais.

O miolo do programa de actividades é un concurso para elixir a mellor tapa, coa votación do público e dun xurado.

Haberá sorteos entre as persoas participantes e promoveranse os establecementos en prensa e redes sociais.

Ademais, o Vai de Tapas terá este ano un impulso especial ao coincidir coa actividade de dinamización comercial e descontos MercaNaVila, o Festival de Curtametraxes de Noia e o Magosto.

O Vai de Tapas de Noia está organizado polo Concello de Noia, contando coa colaboración activa da asociación de comerciantes Noia Histórica e o sector hostaleiro local.

O certame levarase a cabo dende o venres 6 ás 18:00 h ata o domingo 8 ás 15:00 h.

Participan os seguintes establecementos: Bar Gasset, Bar Treff, Bar News, Restaurante Baobab, O Bocadito, Equs, Solpor, Baobab, Tamara, Jaratusas, Mesón Senra, Tasca Típica, Taberna do Lelo, Restaurante Mesturas e Restaurante Mar da Vila.

Ademais de permitir a veciños visitantes desfrutar da rica gastronomía local, o concurso inclúe un sorteo de 4 bonos de 50 € para gastar nos comercios de Noia Histórica.

Os horarios poden estar suxeitos a modificacións segundo cada local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.