
Na mañá deste mércores 4 de novembro, a concelleira de Obras e Servizos, Laura Rivadeneira, e o concelleiro de Servizos Sociais, Mario Martínez, visitaron o inicio das obras que se están a levar a cabo no Campo de San Roque, na parroquia muradá de Louro, co obxectivo de garantir a accesibilidade ás vivendas.
Os traballos están a ser realizados pola brigada de obras do Concello de Muros, con fondos e persoal propios.
A maiores, os días pasados a Concellería e a empresa concesionaria do servizo de auga comezaron a traballar conxuntamente na substitución duns 50 metros de tubaxe en Perousós, na parroquia de Louro, debido ao seu mal estado e ás continuas perdas que se producían neste tramo.
A finais do mes de outubro procedeuse ao peche da gabia con vistas a repoñer o firme da estrada.



