
O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado.
Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e tamén unha vertente musical amenizada coa agrupación Ventos do Mar.
O programa tamén inclúe a celebración dun gran sorteo con tres lotes de produtos de Nadal.
Organiza a Comisión de Festas da Boliña coa colaboración co Concello de Boiro.



