“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

05 Novembro 2026

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de manobra a Donald Trump para seguir a facer o que lle peta no nome de todos eles.

Os resortes do poder xa non están exclusivamente nas mans (sí na mente, en caso de tela) de míster Zanoria. Todo ese poder perdido por Trump fóille legalmente arrebatado polo voto dos que el, Trump, precísamente, non quere no país: os migrantes en xeral e, particularmente, os hispanos, os magrebís e todios os seus descendentes. E foron todos eles, que cousas, os que cos seus votos levaron a míster Trump a onde nunca pensou estar: con poder pero sen  capacidade dabondo para exercelo  dese xeito despótico que empregou ata este momento.

Trump xa perdeu o poder omnímodo que tivo ata hoxe, e con el perde Netanyahu, en Israel, o seu principal valedor para seguir a matar cidadáns gazatís, nenos inocentes que non lle rín as parvadas que só a un mal paiaso lle poden vir á mente. 

E non é, non, exclusiva responsabilidade da guerra contra de Palestina, que tamén: é o se considerar amo dun mundo MAGA do que pensa ser o rei. Un rei espido que ven ser un farrapo cuxo poder radica, exclusivamente, no medo que imprime perdoando vidas que os propietarios destas, desafiuzados pola nai Fortuna, teñen medo a deixar diante dos axentes do ICE.

O mundo xa comeza a respirar mellor. Todo, desde que é consciente do pouco que un paiaso da categoría de Trump vale diante doutros da talla de Gabi, Fofó, Fofito, Miliki e Milikito.

Non é só a guerra, non: son os feitos.

Outros artigos

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

+

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

+

“As ilusións transformadoras” – Xosé González Martínez

En 1983 as persoas que circulaban polas tres estradas que converxían na vila de Redondela sorprendéronse un día coa aparición duns paneis de grandes dimensións colocados nas beiraestradas dándollela benvida aos viaxeiros nos catro idiomas cooficiais do Estado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.