A comunidade da Creba recibe o cheque do recadado na II Andaina pola Saúde Mental

21 Outubro 2026

Este martes 20 de outubro a Asociación Saúde Mental A Creba, entidade inclusiva do Barbanza, recibiu o cheque do recadado na II Andaina pola Saúde Mental celebrada o sábado 10 de outubro en Ribeira, polo Día Mundial da Saúde Mental.

Álex Vidal, concelleiro de Deportes, Innovación e novas Tecnoloxías do Concello de Ribeira e Abraham Benítez, voluntario e impulsor da Andaina, foron recibidos para a entrega polas usuarias da entidade.

Nesta edición da camiñada solidaria recadáronse un total de 755,05€ e participaron, entre o dorsal cero e as persoas que acudiron á cita, 140 persoas, case o dobre que o ano anterior.

Dende A Creba valoran e agradecen a implicación de tantas persoas nesta iniciativa, destacando “a importancia de sentirse parte da comunidade e normalizar a participación de persoas con problemas de saúde mental en actividades fora do centro”.

Engaden que con “este tipo de encontros búscase reivindicar os vínculos naturais e romper o estigma que pode chegar a invalidar ás persoas con estas dificultades, obstaculizando o seu desenvolvemento persoal e o camiño a unha vida independente”.

Tamén, como expresaba o Manifesto do Comité Pro Saúde Mental en Primeira persoa e a Rede Estatal de Mulleres da Confederación Salud Mental España, que foi lido ao final da Andaina por persoas voluntarias e usuarias, “concienciar á poboación para que un diagnóstico non sexa o obstáculo para unha vida mellor, e que a vida non sexa un simple diagnóstico”.

Outros artigos

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.