A Consellería do Mar presenta o calendario para a renovación dos órganos reitores das confrarías

21 Outubro 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, inaugurou hoxe na sede da Federación Galega de Confrarías de Pescadores de Galicia, en Ames, a xornada informativa centrada na vindeira convocatoria para a renovación dos órganos reitores das confrarías de pescadores e das súas federacións. O encontro técnico reuniu aos representantes do sector para abordar o procedemento, os requisitos xurídicos e as distintas fases administrativas que rexerán o proceso democrático ao abeiro da Lei 9/1993 e do Decreto 8/2014.

Durante a apertura, Villaverde puxo en valor a transcendencia deste procedemento “para a consolidación do modelo galego de xestión compartida e cogobernanza dos recursos mariños, no que as 63 confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións provinciais e autonómica combinan a xestión da actividade pesqueira, a colaboración coa Administración autonómica e a representación dos intereses do sector, formado por máis de 13.000 persoas traballadoras do mar e armadores”.

Na sesión detallouse o cronograma electoral previsto, que fixa a constitución das comisións electorais locais a finais de novembro de 2026 e a xornada xeral de votacións nas confrarías para o sábado 23 de xaneiro de 2027. Nesa data elixiranse ás persoas vogais das xuntas xerais e dos cabidos —garantindo a paridade representativa entre os colectivos de traballadores e empresarios dos distintos sectores de produción—, así como os órganos directivos das agrupacións sectoriais.

Unha vez concluída a elección e toma de posesión dos patróns e vicepatróns maiores durante o mes de febreiro, o calendario continuará coa renovación dos comités executivos e presidencias das tres federacións provinciais a principios de marzo, completándose o proceso a comezos de abril de 2027 coa proclamación e toma de posesión dos órganos directivos da Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.