O Concello de Boiro convoca a selección dunha bolsa de emprego de oficial de obras e servizos

29 Xaneiro 2026

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de oficial de obras e servizos municipais correspondente ao grupo C2 cun sistema de acceso de oposición libre. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende este venres e por un prazo de dez días hábiles.

Os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal que se considere axeitada para o caso de substitucións e ausencias ou reforzos. As funcións a desenvolver serán a de interpretación de planos e documentos técnicos, determinar necesidades materiais de obras, realizar actividade de albanelería, inventario de ferramenta empregada, entre outras.

As persoas candidatas deberán cumprir unha serie de requisitos esixidos polo Estatuto Básico do Empregado Público tales como ter a nacionalidade española ou algunha outra que permita o acceso ao emprego público; ter cumpridos os 16 anos e non exceder a de xubilación forzosa; non padecer enfermidade ou defecto físico; non atoparse incuso en causas de incompatibilidade ou incapacidade; non ser despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública; e estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

As solicitudes para formar parte deste proceso selectivo deben presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro xunto con toda a documentación requirida. As bases e toda a información sobre o proceso atoparase publicada na web municipal.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...